O 22 de agosto haberá música e cine en Ferreira do Valadouro, na praza de Santa María.

O Concello do Valadouro organiza para este fin de semana actividades de cine e música, dentro do seu programa Cultura na Rúa.

Este sábado, 22 de agosto, ás 21:00 horas na Praza de Santa María, ofrecerá un concerto o grupo de acordeonistas da Mariña.

Tamén mañá, sábado, ás 22:30 horas na Praza de Santa María, dentro do ciclo Valadouro Cine de Verán, proxectarase a película Padre no hay más que uno.

A Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.

Todos os eventos organizados polo Concello do Valadouro cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia do Covid-19.