O 24 de abril estará na Libraría Bahía, en Ribadeo, o autor e ilustrador asturiano Álex Meléndez para presentar a súa obra dedicada ao público máis cativo.

O domingo, 24 de abril, ás 12:00 da mañá estará na Libraría Bahía, de Ribadeo, o autor e ilustrador asturiano Alex Meléndez para presentar a súa obra dedicada ao público máis pequeno e editada por La Maleta Ediciones. 

Segundo explican desde Libraría Bahía “poderemos escoitar as súas historias e  mostrará á cativada a súa arte como ilustrador, dando vida  cos debuxos aos personaxes e situacións dos seus libros”.

E engaden: “trátase dunha magnífica oportunidade para que a xente máis pequena da casa escoite e coñeza de primeira man a un autor deses libros que fan as súas delicias”.