O 24 de novembro haberá dúas representacións teatrais en Foz. E o 23 será a elección do rei ou raíña do Entroido 2020.

Este domingo, día 24 de novembro, haberá dúas representacións teatrais no concello de Foz.

Na Casa da Cultura focense ás 18:30 horas porase en escena unha obra de teatro infantil de marionetas a cargo de Trécola, que ofrecerá Xogo Revolto. Está organizado pola Delegación de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz.

E na parroquia de Cordido ás 18:00 horas o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Un divorcio no pobo, de Tito Casado Agudin e coa dirección de Benito García Bolaño. Forma parte do ciclo Teatro nas parroquias.

Ademais este sábado, día 23 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía terá lugar o evento para elixir o rei ou raíña de Entroido de Foz 2020. O voto do público contará un 40 por cento e haberá música con DJ e churrasco con pan, viño ou refresco a 10 euros cada ración. Está organizado polo colectivo O noso Foz coa colaboración do Concello de Foz.