O 24 de xaneiro haberá un recital poético de Ricardo Seixo na Librería Bahía, de Foz. O acto está organizado pola Pomba do Arco.

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 24 de xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía, de Foz, un concerto a cargo do grupo de musica tradicional Maraxe e un recital poético de Ricardo Seixo. 

O acto alternará a lectura dos poemas recollidos no último libro de Ricardo Seixo, “Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer” con diferentes pezas musicas interpretadas polo grupo Maraxe, conxunto de musica tradicional galega e portuguesa da que tamén fai parte Seixo. “Versos noctámbulos” é un poemario composto por 47 textos que abranguen diversas temáticas: poesía cívico-social, costumistas, intimistas, de reivindicación feminina como recoñecemento da fortaleza das mulleres e da súa relevancia na sociedade galega

O repertorio do grupo Maraxe, integrado por diversos apaixoados do canto tradicional e por membro de significados grupos galegos como Verbas xeitosas, Tombalobos Orquestra, ou

Os parabéns, está formado por pezas musicais que fan parte do noso repertorio municipal.