O 25 de agosto volve o "Teatro no Castelo", en Alfoz, na súa quinta edición. A obra que se representará será "O palco e as lúas", de Manuel Lourenzo.

A obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.

O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.

SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da Historia do Teatro Galego. En 1978 fundacon Francisco Pillado a Escola Dramática Galeg, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega.

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O Teatro Galego, libro pioneiro e aínda de referencia hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.

Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela, a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.

No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente.

No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.