O 27 de abril preséntase na Librería Bahía, en Foz, o libro "El puto amor", de Malena Baqueiro. O acto é aberto a todo público.

O vindeiro xoves, 27 de abril, terá lugar a presentación do libro El puto amor, de Malena Baqueiro. A autora é arxentina de nacemento e de orixe galego. 

Xunto a ela estará a editora da obra, Elena Dablanca, lucense e residente en Barreiros. Encargarase de conducir o acto Melodi Parga, barreirense, licenciada en Historia da Arte e creativa. 

O acto é aberto a todo o público. Terá lugar na Librería Bahía a partir das 20:30 horas.