O 28 de abril abre ao público o Castelo de Castrodouro, en Alfoz, que se poderá visitar de venres a domingo e tamén festivos como o 1 o 17 de maio.

Mañá, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz. Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.

Poderase visitar o Castelo e desfrutar das impoñentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera.

Tamén dispón de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo Castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.