O 28 de outubro Píscore chegará a Viveiro co seu espectáculo "Concerto singular", no que se misturan a música e o humor.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 28 de outubro, o Concerto Singular que ofrecerá Píscore.

A actuación, dirixida a un público infantil e para todas as idades, ten unha hora de duración e dará comezo ás 18:00 horas.

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito, 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante, pero organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Baixo a dirección de Fran Rei, a música e interpretación corre a cargo de Felix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas.