O 29 de setembro dará comezo o Taller de Escritura, que organiza Librería Bahía, en Foz. Estará dirixido por Eduardo Estévez.

Este mes de setembro comeza na Librería Bahía, en Foz,  un Taller de Escritura dirixido polo poeta Eduardo Estevez.

Está dirixido a homes, mulleres, rapazas e rapaces de 13 anos en diante –non hai idade límite por enriba- que lles guste escribir ou que lles gustaría facelo, pero non saben moi ben como empezar.

Vaise desenvolver durante todo o curso en dúas sesión mensuais os venres ás oito e media da tarde.

O próximo 29 de setembro ás oito e media dará comezo cunha sesión de presentación aberta para aquelas persoas que queiran achegarse e ver de qué se trata e tamén para as que xa están apuntadas e teñen claro que queren participar.

Eduardo Estevez ten publicados varios libros de poesía, un deles en colaboración co fotógrafo laurentino Nachok, e dirixe talleres de escritura en Santiago de Compostela e nalgunha outra poboación de Galicia.