O 29 de xullo terá lugar a I Baixada en Carrilanas Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz. A proba é puntuable para o Campionato Galego.

O 29 de xullo celebrarase en Alfoz a I Baixada de Carrilanas Castelo de Castro de Ouro.

É unha proba puntuable para o Campionato Galego e dará comezo ás 15:00 horas coas verificacións administrativas.

Ás 16:00 terá lugar o inicio da proba desenvolvéndose os adestramentos, a primeira manga cronometrada, a segunda manga cronometrada e exhibición.

Ás 20:00 horas será a entrega de premios. Pode obterse máis información en www.fedei.com. 

Organiza a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz.