O 31 de outubro en Viveiro, no IES Vilar Ponte, celébrase a Festa Hinchaloween. Está organizada polo Concello.

Este martes, 31 de outubro, celebrarase no IES Vilar Ponte de Viveiro unha Festa Hinchalloween.

Esta festa desenvolverase das 17:30 ás 20:30 horas no pavillón do IES Vilar Ponte.

A entrada é de balde e poden participar nen@s desde os 3 anos. A organización recomenda aos asistentes ir disfrazados para a ocasión.

Pode obterse máis información na OIX do Concello de Viveiro ou en xuventudeocioalternativo@gmail.com.

Esta actividade está organizada pola Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Viveiro.