O 4 de agosto terán lugar as Vodas Meigas, en Cervo. Enmárcanse no programa de actos da XL Queimada Popular, que se celebrará o 18.

As Vodas Meigas terán lugar o 4 de agosto e enmárcanse dentro do programa de actos da XL Queimada Popular, que se celebrará o 18 de agosto.

A iniciativa está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, en colaboración co Concello de Cervo, e o ritual do casamento será realizado polo druida Aneiros.

O programa a celebrar na Praza do Souto é o seguinte:
10:00h. Instalación de postos de mercadorías de artesanato
12:00h. Festa do Xamón Cocido
18:00h. Pasarrúas e Ronda polos bares da zona a cargo do grupo de corda pulsada Troyanos de Compostela
20:00h. Expresarte, actuacións musicais e de divertimento
21:00h. Representacións teatrais
23:30h. Celebración das Vodas Meigas na Praza do Castrón (Praza do Souto)
24:00h. Cea Meiga na Pousada O Almacén. Menú: caldo meigo, lomo con pócema de champiñóns, requeixo e queimada. Prezo 25 euros.
02:00h: Foliada aberta nos locais da zona

Para poder participar nas Vodas Meigas, somentes é preciso inscribirse. As parellas deberán vir vestidas de época; as mozas de meiga (a gusto persoal) e os mozos cunha indumentaria propia dos séculos XVI ao XIX ou similar. Ás parellas participantes entregaráselles un documento acreditativo da cerimonia, que caducará na noite de Walpurgis do ano seguinte. A participación na festa está aberta ao público en xeral e anímase a todas as persoas asistentes a que se vistan de época.

As persoas interesadas en participar na cea deberán reservar praza previamente, e tamén teñen que ir vestidos de época.