O 5 de agosto celebrarase en San Ciprián o Desfile de Entroido de Verán. Haberá premios en distintas categorías.

O Desfile de Entroido de Verán terá lugar este venres, 5 de agosto, en San Ciprián, da man da asociación Amigos da Maruxaina, coa colaboración do Concello de Cervo.
 
A saída do desfile está prevista desde a Casa do Mar, ás 20:00 horas. Haberá premios en distintas categorías e ao remate terá lugar unha sesión disco da man de DJ OVO na Praza dos Campos.
 
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata mañá xoves na Casa da Cultura en horario de mañá.