O 5 de maio terá lugar un concerto na Casa da Cultura do Vicedo.

Seguirá a música na Casa da Cultura do Vicedo o 5 de maio ás 20 horas coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que será acompañada polo Coro de Nenos e Nenas do CEIP do Vicedo. 

A cita está organizada polo Concello do Vicedo, que conta coa colaboración das entidades participantes.