O 5 de marzo haberá no Vicedo unha charla sobre os dereitos d@s usuari@s de talleres de reparación de vehículos.

A Aula CEMIT do Concello de O Vicedo acolle o 5 de marzo, unha charla sobre os dereitos das persoas usuarias dos talleres de reparación de vehículos. Terá lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 12:00 horas.

Esta charla, impartida pola Escola Galega de Consumo, exporá os dereitos e deberes d@s usuari@s dos talleres de reparación de vehículos, así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse deben dirixirse á Aula CEMIT de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. O número de teléfono é o 982 590 195 e a dirección de correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.es