O 6 de abril terá lugar a cea de gala do Centro Comercial Aberto de Burela coa que conmemorará o seu 8º aniversario.

O Centro Comercial Aberto de Burela vístese de longo e prepara a cena de gala que terá lugar o próximo 6 de abril a partir das 21.30 horas no Hotel Nordés de Burela.

Será unha velada de corte lúdico no que haberá comida, bebida música e entrega de premios para comerciantes e hostaleiros aos que queren dar un recoñecemento por diversos motivos.

Entregarán un galardón ao emprendedor novel, hostaleiro do ano, toda unha vida e maior proxección exterior e innovación. Estes catro premios non queren desmerecer ao resto de socios, senón dar un pulo para todos os comerciantes e hostaleiros da asociación.

Desde CCA Burela lembran a que calquera persoa está convidada a asistir, o menú consistirá en táboa de embutidos e queixos, croquetas caseiras, brochetas de lagostino crocante con alioli de allo negro, chipiróns estilo Nordés e Solombo de porco con salsas ou pescada en salsa, estas últimas a elixir. Todo acompañado de viños, licores e festa musical ao rematar.

O custe da entrada será de 30 euros por persoa e se poden conseguir as entradas no propio Hotel Nordés ou nos comercios da directiva do CCA (Nora Moda, ChamorroHombre, Hotel Sargo, Foto Mariló, MarinaDeter e Inmobiliaria A Chave).

Desde a asociación de comerciantes queren agradecer a confianza dos socios e socias durante estes oito anos e afirman que é un moi bo momento para o colectivo. Queren lembrar tamén xa son un puntal da sociedade de Burela e que coa súa contribución colaboran para que coa xente local continúen medrando xuntos.