O 7 de febreiro terá lugar na Librería Bahía, en Foz, a presentación da novela de Randi Montero "Yo siendo otra".

Este xoves, 7 de febreiro, a Librería Bahía de Foz acolle a presentación da obra de Randi Montero, titulada Yo siendo otra. O acto terá lugar a partires das 20:30 horas.

O lucense Randi Montero reivindica nesta novela, que é a súa primeira obra narrativa que escribiu en 2016, a liberdade persoal de cada quen para decidir quen quere ser dende a súa verdade máis íntima.