O 7 de maio celebrarase a X Ruta Cabalar de Remourelle. Haberá xantar, agasallos e música.

A décima edición da Ruta Cabalar Xinetes de Remourelle celebrarase o 7 de maio.

A saída terá lugar ás 10:30 horas e ás 14:30 celebrarase unha comida. Haberá sorteos, agasallos e durante todo o día soará a música de discoteca móbil.

A venda de tíckets corre a cargo dos compoñentes da directiva de Xinetes de Remourelle nos teléfonos: 659 629 417, 636 864 132 e 676 770 918.

Cada amazona e xinete faranse responsables dos danos ocasionados polo seu cabalo ou égoa e tamén os danos do seu propio animal.

Este evento está coorganizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e Xinetes de Remourelle coa colaboración do Concello de Ribadeo.