O 7 de maio haberá unha charla en Ribadeo sobre "O impacto emocional da diagnose oncolóxica". Está organizada pola Concellaría de Igualdade.

Seguen as charlas, organizadas pola Concellaría de Igualdade e polo CIM, durante o mes maio nas que se abordarán cuestións como o impacto emocional da diagnose oncolóxica e a sexualidade e o cancro. 

Desde a Concellaría de Igualdade explican que “o día 7, o vindeiro luns, ás 18:00 horas no Teatro a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro de Lugo, Carmen Rubiños, falará do Impacto emocional da diagnose oncolóxica, como xestionala a propia persoa e os seus familiares. Tamén se informará do novo servizo de atención psicolóxica gratuíta a pacientes oncolóxicos e ás familias na Mariña lucense, situado en Burela, que ven de poñer en marcha a AECC”. 

A seguinte e última conferencia deste ciclo será o 31 de maio. 

As charlas, subliñan desde Igualdade, son abertas a toda a cidadanía.