O 8 de abril Pasada das Cabras realizará a 4ª etapa do Camiño do Cantábrico. Será entre Barreiros e a praia de Llás, en Foz.

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza a 4ª etapa do Camiño do Cantábrico o vindeiro 8 de abril.

Esta etapa de 17 quilómetros de percorrido, vai desde Barreiros á praia de Llás. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 6 de abril ás 20:00 horas.

Por outra banda o domingo 9 de abril, dentro dos actos da Semana do Deporte do Concello de Burela, imos facer unha ruta circular por Burela de 5 quilómetros aproximadamente que sairá ás 11:00 horas da praza do Concello pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela.