O 9 de febreiro terá lugar unha nova edición da Gala Benéfica "Alfoz Solidario" a favor da AECC. Será en Finca Galea.

O 9 de febreiro, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc) baixo o lema “Alfoz Solidario”. O evento é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, as cales veñen organizando as galas dos últimos dous anos. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización apuntan que “o cancro é unha enfermidade á que todos estamos expostos, e todos temos un motivo para colaborar, simplemente por solidariedade, por ter algún familiar que sufra ou sufrira esta enfermidade ou por tela sufrido nas nosas propias carnes.

Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á “Mesa Cero” para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Nesta mesa existir a posibilidade de poñer nunha pantalla ós nomes das persoas colaboradoras. Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización. Tamén existen tickets á venta na Farmacia da Seara e en Caixa Rural de Alfoz.

Os beneficios obtidos na recadación da cea serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. Este ano contarase coa novidade de que parte dos produtos utilizados para a elaboración do menú foron doados por diferentes provedores polo que se espera unha maior recadación. 

Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.