O 9 de outubro terá lugar no Valadouro a XXXIV Feira do Mel e Mercado de Outono. Haberá tapeo na hostalería.

O vindeiro sábado, 9 de outubro, celébrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.

Nesta ocasión, a feira estará situada na Praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castaña e outros produtos de tempada. 

Nesta edición, en colaboración coa hostalería local, organízase unha ruta de tapeo polos distintos locais e entre todos os participantes sortearase un premio. 

Ademais tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero "Os irmáns de América", e haberá animación de rúa, xogos pola tarde para o público infantil e moitas máis cousiñas. 

Entre os asistentes á Feira do Mel realizaranse dous sorteos con dous lotes de produtos da zona e de tempada.