O 9 de xullo celebrarase o I Día da Bicicleta no Valadouro. Será unha ruta de 14 quilómetros.

O 9 de xullo celebrarase o I Día da Bicicleta no Valadouro. Será unha ruta de 14 quilómetros. Desde o Concello sinalan: “lembrámosvos a celebración o 9 de xullo do I Día da Bicicleta, que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro”.  E engaden: “trátase dunha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos, que consistirá nunha ruta sinxela de 14 quilómetros con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes”.

A inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A retirada de camisetas e dorsais será o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00 horas no Local Social do Parque Concepción Arenal.