O 9 de xuño terá lugar en Ribadeo a presentación do libro de Francisco Rodríguez "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza".

O vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro de Francisco Rodríguez Sánchez,"Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). I. A relevancia do reino galego medieval" (editado pola AS-PG.).

No acto falarán: Falarán Farruco Graña (presidente da A.C. Franciso Lanza) e o propio autor da publicación, Francisco Rodríguez Sánchez.

O acto está organizado pola asociación Francisco Lanza e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.