O alumeado de Nadal de Burela será acendido o 6 de decembro. As luces chegarán a máis de 30 rúas e prazas da vila

O Concello de Burela deu comezo aos traballos de instalación da iluminación de nadal, que se estenderá ao longo de máis de trinta rúas e prazas da localidade. 

O alumeado das luces terá lugar o vindeiro día 6 de decembro, mércores, e estas permanecerán acendidas durante un mes, ata o 6 de xaneiro, Día de Reis. O acto de acendido incluirá ademais unha actuación musical. 

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a colaboración constante co comercio local que temos dende o Concello, dada a importancia que as luces de nadal teñen para o sector e para a veciñanza en xeral”. 

Pola súa banda, Patricia Eijo, concelleira de Economía e Facenda e de Festas e Festexos, destacou “as novidades na iluminación artística e decoración que haberá este ano”.  

Ademais, as luces “chegarán a novas zonas e barrios, coa fin de promover ao máximo o comercio local e a diversión das nenas e nenos”, sinalou a concelleira.