O alumnado que realice o ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz o vindeiro curso fará as prácticas remuneradas en empresas da Mariña.

O alumnado que realice o ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz o vindeiro curso fará as súas prácticas remuneradas en empresas da Mariña. Entre a ducia de firmas colaboradoras figuran Eroski, Mariña Asesores, Acisa Ribadeo ou CCH Viveiro.

O IES focense será o único centro da provincia de Lugo que impartirá este ciclo dual. Ofértanse 12 prazas. O prazo de inscrición está aberto e remata o 2 de xullo. Xa a partires do día 8 comezará a selección de candidatos e a adxudicación de destinos para a realización das prácticas remuneradas. 

A posta en marcha do ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz é froito do acordo e da colaboración entre o centro e a Federación de Comercio A Mariña, que contaron coa axuda e o apoio de Álvaro Doural, que é dinamizador dual. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, anima ao alumnado “a que se anote, a que non perda esta oportunidade de formarse na nosa comarca, de prepararse en empresas da zona e de poder conseguir un traballo a carón da casa”.

Paleo lembrou que “a colaboración entre todos é fundamental para que os proxectos se convertan en realidades”.