O Burela FS organiza unha fila O para loitar contra o cancro de mama. Será durante o partido do 29 de outubro.

Este mes estivo marcado pola celebración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, un evento co obxectivo de sensibilizar e concienciar ás mulleres de todo o mundo, sobre a importancia de realizarse un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía canto antes.
 
Desde CD Burela FS promovemos e actuamos seguindo uns valores propios e deportivos que nos fan ser punta de lanza de moitas iniciativas, como a igualdade no deporte. Queremos axudar tamén nestas iniciativas tan importantes que serven para sensibilizar á nosa sociedade de temas moi necesarios, como o é a loita contra o cancro.
 
Por iso e coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro da Provincia de Lugo, decidimos crear unha Fila 0 para o noso seguinte partido en Vista Alegre, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de outubro. 
 
Se quere colaborar con CD Burela FS e a campaña #ElRosaEsMásQueUnColor da Asociación Española Contra o Cancro, podes facelo mediante unha doazón na conta ES76 2080 0109 1130 4002 0244 indicando no concepto “FILA CERO 29-10”. As doazóns deben realizarse entre o 29 de outubro e o 5 de novembro.
 
Nas instalacións de Vista Alegre tamén estará dispoñible, durante o partido, unha hucha para doazóns accesible a todos os asistentes.
• Fila 0 contra o cancro de mama.
• Colaboración entre CD Burela FS e a Asociación Española Contra o Cancro da Provincia de Lugo.
• Durante o partido entre CD Burela FS - MSC Torreblanca FS en Vista Alegre - 29 de outubro ás 20:00h.
• Número de conta: ES76 2080 0109 1130 4002 0244 (concepto “FILA CERO 29-10”) entre o 29 de outubro e o 5 de novembro.