O Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, acollerá o 17 de xullo a Xornada sobre Historia Local. Haberá exposición de traxes medievais e concerto de Tundal.

O vindeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz, que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo.

Desde o Concello lembran que “ese día tería que celebrarse o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual, pero si con diversas actividades”.

E engaden: “haberá exposición de traxes medievais do 13 ao 25 de xullo; desenvolverase a Xornada de Historia Local, con aforo limitado para 20 persoas. Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide. E desenvolverase o concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo”.