O CCA de Burela continúa coa campaña "Xogando Xuntos" coa que dinamiza o comercio virtualmente e celebra as festas patronais.

O Centro Comercial Aberto de Burela continúa a campaña Xogando Xuntos, facendo dúas accións en torno as Festas de Burela. 

Desde o CCA explican que "esta semana continuamos con Xogando Xuntos, visto o éxito que están tendo as entregas dos nosos sorteos nas redes sociais de CCA Burela. Desta aumentamos o premio e sortearemos 300€ en vales de compra. Para participar os clientes poden mandar unha foto de compras, de consumicions ou de servizos contratados nos nosos establecementos asociados. Tamén teñen que mandar a foto do ticket de compra ata o martes 9". 

O CCA indica que "como vén sendo habitual subiremos as fotos (non os tickets, claro) ás nosas redes e faremos o sorteo o mércores 10". 

E engaden: "tamén queremos que a xente vaia facendo fotos de como van ir celebrando as festas, para que as mande, non para esta semana, senón a partir do día 10 de xuño. Así que aínda queda corda para rato. Como sempre, seguimos MEDRANDO XUNTOS".