O CCA de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os que merquen nos 44 establecementos participantes na campaña de Nadal, que se desenvolverá do 15 ao 24 de decembro.

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates.

O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500 euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio La Ola, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Milar Electrofoz, Monda Proxectos, Pastelería Anduriña, Suministros Veipa, Unique-2, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos, Xoiería Iria Rodríguez, Yoglio e Zapatería Carmen León.

O CCA focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates, para os que se recollerán votacións a través da páxina de facebook da asociación do 17 de decembro ao 7 de xaneiro. Desde o Centro Comercial Aberto sinalan que en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente ás árbores serán replantadas en diferentes puntos da localidade.