O Centro Comercial Aberto de Burela celebra San Valentín con sorteos e cun photocall que percorre os locais hostaleiros ata o 15 de febreiro.

O Centro Comercial Aberto de Burela quere promover o romanticismo local coa campaña de San Valentín 2019 na que se sortearán 2 cestas para os clientes do comercio e unha noite romántica, con cea e noite de hotel para unha parella a aquelas persoas que fagan uso dos locais de perruquerías e estéticas.

O método é moi sinxelo: ata o día 11 de febreiro por cada compra nos establecementos asociados ao CCA Burela de máis de 10 euros, levarán unha participación para estes sorteos que se realizarán o xoves 14 de febreiro.

E como tamén é importante manter viva a chama, ata o día 15 un photocall irá percorrendo os locais hostaleiros do CCA Burela para que as persoas se fagan as fotos románticas cun marco orixinal.

Aqueles que o queiran facer poden etiquetar as súas fotos co hastag #sanvalentinburela nas redes sociais para que a demostración de amor perdure en internet.