O Centro Comercial Aberto de Foz celebra o Día do Pai co sorteo de cinco ceas e coas xornadas gastronómicas de dona croqueta e don croquetón.

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha campaña con motivo da celebración do Día do Pai que inclúe o sorteo de 5 ceas para dúas persoas e as xornadas gastronómicas de Dona Croqueta e Don Croquetón.

No sorteo das ceas, que se realizará o día 22 de marzo ás 12 do mediodía en Radio Foz, entrarán os que fagan as súas compras do 13 ao 19 deste mes nos 47 establecementos que participan nesta campaña: 100p´s Zapatería, Alain Afflelou, Alba Vila Centro Dietética y Nutrición, A&N Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao Produtos Ecolóxicos, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Floristería Ana Fabeiro, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela, Lorena Mon Avogados, Lourdes Lencería, Mapfre, Milar Foz, Motos Baltasar, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Ribamueble, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Oulet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos, Xoiería Iria Rodríguez e Zapatería Chinela.

E as xornadas gastronómicas de Dona Croqueta e Don Croquetón desenvolveranse do 17 ao 19 de marzo en 14 establecementos hostaleiros de Foz: A Funcional, Bar 78, Cafetería A Viela, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Casa Maño, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Restaurante Fina, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Tito&Pizza e Xoyma. Neles poderase degustar unha gran variedade de croquetas e croquetóns.

Desde a directiva do Centro Comercial Aberto sinalan que “seguimos a traballar para dinamizar o noso comercio e a nosa hostalería en datas tan sinaladas como o 19 de marzo, Día do Pai e Día de San Xosé”.