O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 5 ceas na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 7 ao 14 de febreiro.

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 5 ceas, para dúas persoas cada unha, na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 7 ao 14 de febreiro. Aquelas persoas que realicen as súas compras destas datas nos establecementos asociados ao CCA focense participarán en dito sorteo, que se realizará o 20 de febreiro a partir das 13:00 horas a través de Radio Foz. 

Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz animan a realizar as compras de San Valentín nos establecementos da localidade “porque o comercio fai pobo” e recomendan que “os clientes dos nosos asociados e asociadas utilicen os puntos acumulados coa tarxeta do comercio de Foz  para os descontos”.

Ademais para celebrar San Valentín o Centro Comercial Aberto de Foz organiza a 8ª Festa da Cociña Afrodisíaca. Do 11 ao 14 de febreiro os doces afrodisíacos elaborados por Amarena, Anduriña e Xoyma serán os protagonistas. E os días 16 e 17 haberá tapas afrodisíacas nos locais hostaleiros da localidade. 

Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros.