O Centro Comercial Histórico de Viveiro ofrece visitas guiadas polo casco antigo da cidade do 30 de marzo ao 5 de abril

O luns 30 de marzo ás 18:00 horas comezarán as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, da man do historiador Xesús Martinez, organizadas polo Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) coa colaboración da Xunta de Cofradías.

“Ás 17:30 horas, antes de dar comezo á primeira visita, faremos unha pequena presentación das mesmas contando ca presenza de José Veiga, como representante da Xunta de Cofradías; Cristina Rodriguez, como presidenta do CCHV; e Xesús Martinez. O lugar será na Praza Maior, diante da porta do Concello”, anuncia o CCHV, que ademais lembra que o día 2 de abril, Xoves Santo, pola mañá o comercio local de Viveiro estará aberto en horario de 11 a 14 horas.