O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, recupera a Festa das Familias con motivo do seu 50 aniversario. Será o 11 de maio en Santa Cruz.

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recupera a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento terá lugar na área recreativa de Santa Cruz este sábado, día 11.

Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón anuncian que “con motivo da celebración do 50 aniversario do noso centro queremos retomar a Festa das Familias, coa que antes celebrabamos a fin do curso e que agora será unha xornada de confraternidade da comunidade educativa. Por iso convocamos o sábado 11 de maio en Santa Cruz ó redor das 14:00 horas a todas as familias e grupos (de alumnos, ex alumnos, profesores, amigos,...) que queirades acompañarnos. Lembrade levar todo o necesario, xa que en Santa Cruz non se dispón do servizo de bar na actualidade. Ás 17:00 horas todos/as pequenos/as poderán gozar da actuación do grupo musical Gramola gominola”.