O Concello de Alfoz organiza unha festa infantil para o 27 de marzo

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.

Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas.