O Concello de Alfoz organiza unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros o 14 de outubro.

Impartida polo Centro Agroforestal de Riós (Ourense) en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria terá lugar unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros o venres 14 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
 
É unha actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. É necesaria inscrición previa e o modelo para apuntarse está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal

Trataranse entre outros temas a época de plantación, a preparación do terreo, a elección da planta, os beneficios que pode xerar a plantación e as  liñas de axuda.

Os interesados poden obter máis información no teléfono 982.558.001 (extensión 2).