O Concello de Alfoz pon en marcha o programación de estimulación cognitiva Activamente desde o 17 de outubro

O Concello de Alfoz organiza unha nova edición do Programa de estimulación cognitiva denominado ‘ActivaMENTE’ desde o 17 de outubro.

A actividade, que está destinada a persoas maiores de 55 anos, desenvolverase no Centro Sociocultural de Alfoz de 10:30 a 12 horas.

Para máis información e inscricións os interesados poden ir á Casa do Concello de Alfoz ou contactar a través do teléfono 982.55.80.01.