O Concello de Alfoz pon en marcha un servizo de biblioteca na piscina municipal.

O Concello de Alfoz acaba de poñer en marcha servizo de biblioteca na piscina municipal, que anunciaron así: “xa podes gozar da lectura na piscina municipal: estreamos Bibliopiscina. Durante o tempo que esteas na piscina podes coller os libros dispoñibles e antes de irte volve deixalos no seu andel. Se non remataches de lelo ao día seguinte podes retomalo (lembra usar o xel hidroalcohólico antes de coller os libros e despois de devolvelos)”.

Os libros non poden sacarse da piscina, só se usarán no tempo que se permaneza nela.