O Concello de Barreiros reparte entre a veciñanza o calendario de 2022.

Desde o Concello explican que “con certas complicacións no subministro de material e tamén cos recursos humanos (porque a cousa está poñéndose ben complicada), nos vindeiros días chegaranvos os almanaques deste ano ás casas”. 

Subliñan que “ee tedes moita ansia, podedes pasar recollelos polo Concello en horario de 9:30 a 14:30 horas”. 

Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos gusten, porque con eles queremos axudarvos a ollar cada recuncho para atopar o orgullo da nosa historia”.