O Concello de Burela cancela os obradoiros de alquimia na cociña e de manualidades de Nadal, que se ían celebrar nos vindeiros días.

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña, que estaba previsto para este sábado, 7 de novembro, e  tamén os Obradoiros de Nadal, que ían ter lugar todos os venres deste mes.  

A edil Toñi Eijo sinala que “tras a situación provocada pola covid-19 no noso pobo vémonos obrigados a cancelar estas actividades. Facémolo por responsabilidade e como medida de precaución. A nosa intención é facer ambas iniciativas en canto a situación o permita”.