O Concello de Burela programa para o mes de outubro diversas actividades infantís, musicais e teatrais. Á vila chegará Serxio Pazos o 26.

A Concellería de Cultura programa para o mes de outubro diversas actividades para nen@s, eventos musicais, teatrais e unha actuación de Serxio Pazos, que terá lugar o día 26.

Esta programación dará comezo o 5 de outubro co Teatro Marionetas Trécola que presentará a obra Xogo revolto, dentro do programa Ler conta Moito. Será ás 18:00 horas con entrada gratuíta. O domingo 6 ás 18:30 horas proxectarase unha película infantil dentro do ciclo Burela de Cine. A entrada será tamén gratuíta.

O 11 de outubro ás 21:00 horas a compañía El Vacío Fértil representará El mal de la piedra, dirixido a público adulto. O prezo da entrada é de 5 euros. O día 12 ás 18:00 horas Pablo Díaz presentará Contando números, cantando cores, dentro da campaña Ler conta moito, con entrada gratuíta.

O 19 de outubro ás 18:00 horas haberá un espectáculo de música de Xoán Curiel, titulado Pobre poesía, dentro do programa Ler conta moito, Igualdade e Violencia de Xénero, con entrada gratuíta. O 20 ás 18:30 horas terá lugar outra proxección do ciclo Burela de Cine cunha película infantil. A entrada será gratuíta.

O 26 de outubro ás 20:30 horas Serxio Pazos chegará a Burela con Afiando con humor, en colaboración con Agadic-Rede de Teatros e Auditorios. O prezo da entrada será de 5 euros. E o 27 ás 18:00 horas o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá o concerto O cantar da nosa lingua, con entrada gratuíta.