O Concello de Cervo convida a participar na Festa da Esfollada do Maíz o 27 de outubro en Rúa. Haberá tamén cea e música.

A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 27 de outubro, aFesta da Esfollada do Maíz.

A cita, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.

A Festa, que terá lugar na AntigaEscola de Rúa, arrincaráás 16:00 horas coaesfollada do millo.

A partir das 20:00 horas está programada unhacea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, sobremesa e viñoouauga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.

Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo do Grupo Montreal e do Dúo Zafiro.

O Concello de Cervo convida á veciñanzaeaos visitantes a desfrutar destafesta tradicional o vindeiro sábado na parroquia de Rúa.