O Concello de Cervo convoca un concurso de postais de Nadal dirixido aos alumnos de infantil e primaria do municipio.

O Concello de Cervo, a través das delegación de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido aos alumnos de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsalbe, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

O prazo de recepción remata o 27 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 30 de novembro.

Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.