O Concello de Cervo convoca un Concurso de Postais de Nadal. O prazo de presentación de traballos remata o 11 de decembro

O Concello de Cervo convoca un Concurso de Postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. 

Os traballos terán que presentarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou no Consistorio e o prazo remata o 11 de decembro

Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha coa que o Concello felicitará o Nadal a outros organismos e institucións.

O Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 11 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 12 de decembro. Entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.