O Concello de Cervo instalará o belén de plastilina coas figuras creadas polos nenos e nenas nas súas casas. Poden entregalas ata o 18 de decembro.

O Concello de Cervo organiza, este ano debido ao covid, o seu tradicional belén de plastilina coas figuras realizadas na casa polos nenos e nenas que desexen colaborar.

As persoas interesadas poderán entregar a súa figura, antes do 18 de decembro, na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo.

O Concello anima a todos/as a participar e encargarase de compoñer un belén composto por todas esas pezas entregadas polos/as participantes, cuxa autoría quedará correspondente identificada no resultado final.

Este belén poderá verse na Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.