Fado

Etiquetas:
12/05/2016
Clave de Fado ofrecerá un concerto este venres, 13 de maio, no auditorio da Casa da Cultura. O grupo presentará "Xanelas", un disco con versións de grandes temas da música galega e portuguesa e outros propios.
 
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, venres, un concerto de Clave de Fado. Será a partir das 21 horas. Está organizado pola Concellería de Cultura, en colaboración coa Xunta, a Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. 
 
Clave de Fado, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o Fado.
 
O proxecto foi medrando, incluíndo outros estilos musicais, ampliando...
leer más
Etiquetas:
13/01/2016
María do Ceo presentará o seu novo traballo "De Portugal a Galicia Fado" en Burela o vindeiro 14 de febreiro. As entradas xa están á venda.
 
A cantante portuguesa Maria do Ceo actuará o próximo 14 de febreiro no Auditorio Municipal de Burela, ás 20 horas. A venta de entradas anticipadas está dispoñible na web www.ataquilla.es, na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura, desde 10 euros. Na billeteira venderanse no Auditorio o mesmo día do concerto.
 
De Portugal a Galicia Fado é o  novo disco de Maria do Ceo, co que pretende plasmar a fusión luso galega nun formato de dobre CD. No primeiro encontraremos cancións tradicionais do fado máis popular como Uma Casas Portuguesa ou Fado Minhoto, mentres que no segundo atopamos clásicos da música galega, entre eles Lela,  Quen puidera namorala o una excepcional versión de Negra Sombra,...
leer más
Etiquetas:
13/11/2014
A Casa da Cultura de Foz acolle este sábado, a partir das 20:00 horas, un concerto de fado en galego a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais.

 

A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz  baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo. 

 

 

Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...

leer más