O Concello de Cervo organiza actividades infantís para celebrar o Entroido os días 26 e 28 de febreiro.

Este sábado comezan as actividades para os máis pequenos da casa. Na carpa da Praza do Souto ás 12:30 horas haberá unha actuación musical infantil a cargo de Vaia Ritmo. 

E o luns, día 28, na carpa da Praza dos Campos a partir das 17:00 horas terá lugar unha festa infantil con inchables e obradoiros de Entroido.