O Concello de Cervo programa para esta Semana Santa actividades musicais, deportivas, inchables e tamén obradoiros infantís.

De luns a mércores, de 11H a 14H os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades realizadas en Enredos, mentres que pola tarde gozarán do torneo de fútbol 7 e o láser tag, a través de Xuventude.

O mesmo mércores 13, de 17H a 20H, haberá inchables na Praza dos Campos para os nenos e nenas, e xa pola noite, dentro do ciclo de concertos de O Son do Nordeste, actuará The Corporation a partir das 21H.

O xoves 14 tocará La Disquetera dentro do ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. Xa pola noite será a quenda para Rachel & The Blue Batons, a partir das 21:30H na Praza dos Campos.

O venres 15, ás 21:30h Os Carunchos ofrecerán o seu espectáculo na Praza dos Campos.

O sábado 16 será a quenda para a Festa do Mexillón. Ao longo do día poderán degustarse as mellores tapas elaboradas co molusco nos diferentes locais de hostalería de San Ciprián. 

Xa pola noite amenizarán a orquestra Fania Blanco Show e a Disco Móbil Chocolate.

O domingo pechará esta programación de abril a actuación da Mekanika Rolling Band, pertencente ao ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. 

Tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos hai instaladas dúas carpas para poder gozar das actividades aínda que as inclemencias do tempo non acompañen.