O Concello de Foz organiza representacións teatrais en Vilaronte, Nois e Marzán o 13 de xaneiro.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza representacións teatrais para o 13 de xaneiro, sábado, en tres localidades do municipio.

En Vilaronte, o grupo Pico do Castro representará a obra A miña muller volveu. Terá lugar ás 19:00 horas no local da asociación cultural O Castro de Vilaronte.

Na parroquia de Nois o grupo de teatro A Adala presentará a obra Ola Doutor. Dará comezo ás 19:00 horas no centro social A Saira.

Tamén ese sábado 13 de xaneiro, en Marzán o grupo O Centiño porá en escena a obra Zume de Amorodos. Será ás 20:00 horas no local da Antiga Báscula.